O Grupo de alumnos e alumnas do noso centro que particpou este ano no Club de Debate, organizado polo servizo de Normalizacion Lingüística do Concello de Pontevedra, quedou clasificado en 1º lugar, na fase preliminar o pasado sábado día 4 e o día 11, no Café Moderno de Pontevedra competiu contra o grupo do I.E.S. de Ponte Caldelas, quedando en segundo lugar. ¡¡Parabéns aos nosos compañeiros de Ponte Caldelas!!
     O Grupo está formado por Raquel Ferrón, Noelia González, Constance Ansah, Alexandre Blanco, Eduardo Ramos, Ainhoa Ragg, Isidro Meijueiro, Alba Miguens, Alba Ucha e Mateo García, coordinados polo profesor Manuel Reboredo e coa colaboración da Licenciada en Filosofía, Montserrat Fernández Arén.

    FOTOS DA COMPETICIÓN

Principal | O Centro | Estudios | Docentes | Actividades | A cidade | Enlaces | Correo