1999-2000   |       2000-2003   |      2003-2006    |    2006-2009

PROXECTO EDUCATIVO COMENIUS

I.E.S. A XUNQUEIRA I

        O Proxecto Educativo Comenius, é un programa que, no marco da Unión Europea, pretende establecer un acercamento entre os países membros mediante contactos personais e traballos de índole educativo e didáctico donde interveñan grupos de profesores e alumnos de distintos centros repartidos pola Unión, que se acollan a este tipo de iniciativas.
        Neste sentido o noso centro ven desenrolando, dende o curso 1999-2000, e en colaboración cos centros "Liceo Scientifico Ettore Majorana" de Orvietto (Italia) e "Lycée Honoré Daumier  " de Marsella (Francia), unha serie de traballos que, debido a súa extensión, faise imposible explañar na súa totalidade  nesta web, no obstante procederemos a súa presentación de forma sucinta, facendo uso do menú que figura na cabeceira desta páxina.
         

           Durante o presente curso 2007-2008 prepararemos un novo proxecto COMENIUS para realizar a partir do vinderio curso, e que terá dous anos de duración.
           O Centro coordenador do proxecto é o Lycée Honoré Daumir de Marsella (Francia) e ademáis participan:

Markgrajen Gymnaisum de KARLSRUHE-Alemania.
Liceo Classico Pellico de CUNEO - Italia
 

       O tema elexido para traballar conxuntamente o profesorado co alumnado de cada centro é "O desenrolo sostible, o cambio climático e a responsabilidade humana".
       No vindeiro mes de xaniero de 2008 haberá unha visita preparatoria do proxecto a Marsella para formalizar o programa e establecer un guión mais preciso de traballo, a metodoloxía e a sua temporalización.
       A participación do profesorado neste programa é voluntaria e está coordenado pola profesora de inglés Carmina Aguado.


Principal | O Centro | Estudios | Docentes | Actividades | A cidade | Enlaces | Correo