RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2022
Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG 30 de setembro do 2022)

 

Saiu a convocatoria para a Renovación do Consello Escola para elexir aos seguintes membros:

Representantes das familias: Un pai/nai/titor legal, mediante proceso electoral  por catro anos   e  un pai/nai/titor legal designado pola ANPA por dous anos.

Representantes do alumnado: dous alumnos/as  mediante proceso electoral, ambos por catro anos.

Representantes do profesorado: tres profesores/as mediante proceso electoral, todos por catro anos.

Representante do persoal da administración e servizos: Un membro deste colectivo elexido mediante proceso electoral, por catro anos.

Representante do Concello: Un membro designado polo Alcalde.

As datas do proceso serán as seguintes:

25 de outubro.- Sorteo público para a designación dos membros da Xuntal  Electoral (Titulares e Suplentes). Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral.

7 de novembro.- Primeira reunión da Xunta Electoral. Enviar un escrilto ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

10 de novembro.- Publicación dos censos electorais de pais/nais/titores; censos de alumnado; censo de profesorado; censo de persoal de administración e servizos. (Pódense consultar na Secretaría do centro). Ábrese un prazo de 7 días hábiles (11 a 18 de novembro) para a presentación de candidaturas, así como reclamacións aos censos electorais.

15 de novembro.- Claustro extraordinario informativo por parte da dirección acerca da renovación no sector do profesorado.

21 de novembro.- 2ª reunión da Xunta Electoral: Proclamación de candidaturas y censos. Modelos de papeletas. Sorteo publico da designación dos membros das mesas electorais das familias e alumnado. Reclamacións a proclamación de candidaturas (días 22 e 23). Citacións para a constitución das mesas electorais.

24 de novembro.- 3ª reunión para resolver reclamacións as candidaturas presentadas si houbera lugar.

29 de novembro.- Votacións para a elección dun pai/nai ou titor legal (Mesa aberta dende as 16:30 ata as 20:30 horas);  votacións para a elécción de dous  representantes do alumnado (De 9:00 ás 14:30 horas); votacións para a elección dun membro do persoal de administración e servizos (Mesa aberta de 14: 00 a 15:00 horas). Votacións para a elección de 3 representantes do profesorado (Mesa aberta de 11:30 a 12:00) en claustro extraordinario.

Resultado das votacións

1 de decembro.- Ultima reunión da Xunta Electoral. Publicación de candidatos electos.

VOLVER A PÁXINA PRINCIPAL