Imaxina Sons propón jazz para o verán de Vigo. Na sala de concertos e na rúa. No teatro e na praza. Nomes imprescindibles para entender os novos roteiros desta linguaxe ousada compoñen unha programación de concertos e actividades complementarias que de seguro farán que esta edición sexa referencia obrigada para o público jazzeiro e a cidadanía en xeral. O festival quere celebrar con todos eles os seus cinco primeiros anos imaxinando e compartindo sons.

A orquestra do IES A Xunqueira 1 en colaboración coa Escola de Música A Tempo participa por terceiro ano consecutivo no Festival de Jazz IMAXINASONS.

Dentro do programa MÚSICA NA RÚA,  actuará en prazas e rúas de Vigo o día 6 de Xuño de 2009.

 

Principal | O Centro | Estudios | Docentes | Actividades | A cidade | Enlaces | Correo