OS NOSOS TRABALLOS

                        Desde o curso 2.000 – 01 un grupo de profesoras e profesores vimos traballando entre nós e co alumnado para facer unha escola verdadeiramente coeducadora e para avanzar na Igualdade de oportunidades de mulleres e homes; nese curso elaboramos dúas unidades didácticas baseadas no visionado das películas “Mi vida en rosa” de Alain Berliner e “Billy Elliot” de Stephen Daldry.
                        No curso 2.001 – 02 presentamos varios murais de gran formato, realizados de xeito colectivo polo alumnado de E.S.O. nas clases de Educación Plástica con motivo do día 8 de marzal; estes traballos estiveron expostos nos corredores do instituto.
                        No curso 2.002 – 03 continuamos apoiándonos na área de Educación Plástica para realizar, de novo, traballos gráficos e deseños relativos o día da Muller Traballadora; este ano participaron tamén as alumnas e alumnos de 2º   de Bacharelato de Artes con elaboración de cómics, a partir dun texto da obra “Casa de muñecas” de Henry Ibsen.
                        No curso 2.003 – 04 embarcámonos nun proxecto experimental, ofrecido polo SGI a dous institutos de Galicia, o noso e o “Otero Pedraio” de A Coruña; consistía en traballar con toda a comunidade educativa, pais e nais, profesorado e alumnado, baixo o título de “Prevención da violencia de xénero na poboación adolescente”. Un equipo multidisciplinar, dirixido por Erick Pescador, responsabilizouse deste proxecto que durou de novembro a maio.
                       
No curso 2.004 – 05 voltamos a decorar os corredores do instituto pero non só o día 8 de marzal; comezamos xa o 25 de novembro, día “Contra a Violencia de Xénero”.
                        No curso 2.005 – 06 decidimos constituir, outra volta, un grupo de traballo dependente do CEFORE, formado por 10 profesoras e profesores para afondar no tema “Organización e funcionamento dun centro educativo desde unha perspectiva de xénero e multicultural”; como resultado sairon tres aportacións elaboradas en pequenos grupos: Multiculturalidade, Violencia entre iguais e Discriminación sexista na linguaxe no ámbito educativo.           
                        No curso 2006 – 07 presentamos o proxecto Mellorar en Igualdade para previr a violencia de xénerodentro do Plan Valora – Igualdade, que resultou premiado e permitíunos comezar a levar a práctica no noso centro as conclusións do traballo do ano anterior, expresadas a modo de decálogo.
                        No curso 2008-2009 rematamos o proxecto "Mais alá dos xéneros", que dou pé a un gran número de actividades e moi diversas, que foron recollidas nunha completa memoria realizada polo coordenador do proxecto, Manuel Rozados e pola Vicedirectora, Luisa Fernanda Aris.
                        Durante este mesmo curso quedou incluído o "Decálogo ou Propostas para un bo funcionamento do centro desde unha perspectiva de xénero" no PEC do noso Instituto, e coñecimos os resultados da enquisa realizada pola Sociedade Galega de Sexoloxía ao alumnado do centro sobre "Educación e hábitos sexuais na adolescencia".
                        No presente curso 2009-2010 pretendemos consolidar os "Obradoiros de corresponsabilidade" que desde hai varios anos vimos realizando no mes de marzo, coincidindo coa celebración do Dia Internacional da Muller Traballadora; e tentaremos conseguir unha maior implicación das familias neste tema coa colaboración dos obradoiros realizados desde o Servizo Municipal de Benestar Social, así como coa colaboración da ANPA en todas estas actividades. 

Lola Varela
Curso 2009-2010

 

 Material diverso para traballar sobre este tema


Paneis e comics
2002-2003  8 de marzo

Violencia de xénero
Murais 25 de novembro 2004-2005

Proxecto Plan Valora-Igualdade 2006-2007
"Mellorar en Igualdade para previr a violencia de xénero"
(Premiado na convocatoria 2006-2007)

Proxecto Valora-Igualdade 2007-09

Decálogo de xénero

Resumo de actividades a prol da Igualdade

A linguaxe: vehículo de discriminación no Centro

Obradoiros de Corresponsabilidade

Bibliografía coeducación

Contrato dunha mestra

Listado películas sobre Igualdade

Concurso 8 de marzo

2º ESO 8 de marzo

Traballar sobre a película
"Mi vida en rosa"

Fragmento

Traballar sobre a película
"Billy Elliot"

Trailer
Traballar sobre a película
"Agua"

Traballar sobre a película
"Moolade"

Máis traballos

Principal | O Centro | Estudios | Docentes | Actividades | A cidade | Enlaces | Correo